mércores, 12 de marzo de 2014

Inicio da xeira de Seminarios

Este xoves día 13, ás 11:00 h dará comezo no Salón de Actos da Fundación Juana de Vega a xeira de seminarios programados.



Nesta primeira xornada, D. Eduardo Guillén Solórzano,  Doctor en Organización de Empresas pola Universidade da Coruña, nos falará da creación de grupos de traballo e de cooperación para potenciar as nosas habilidades emprendedoras.

Na pestaña de "Cronogramas" podedes consultar as datas programadas para os restantes seminarios.

xoves, 6 de marzo de 2014

A Xornada "Oportunidades dos produtos locais" en IMAXES



O Director Xeral do IGAPE pecha a primeira fase de seminarios de RURAL-EMPRENDE

O pasado venres 28 de febreiro finalizou o primeiro ciclo de xeiras enmarcadas no Itinerario III "Aprender a Emprender" do Programa Rural Emprende.

Nestas cinco xornadas de traballo persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) propocionou aos asistentes información e apoio ao emprendemento en facetas como os modelos de negocio, iniciativa emprendedora, necesidades financeiras ou exposición de diversos casos de emprendemento exitoso.

Na xornada de peche contouse coa asistencia do Director Xeral do Igape, Javier Aguilera, así como de Guillermo Viña, Xerente de IGAPE Nova, que tiveron ocasión de departir con José Antonio Santiso Miramontes, Presidente da Asociación Mariñas-Betanzos.



Por outra parte, os asistentes puideron coñecer de primeira man as experiencias de dous casos de emprendemento; 

  • "O Lugar de Vilariño". Explotación ecolóxica dedicada á produción hortícola e elaboración de queixos, representada por Víctor Sánchez.
  • "Mundocio". Empresa dedicada á xestión integral de eventos, representada por Alejandro Fontán.


O xoves 13 de marzo iniciarase a segunda parte das xornadas formativas a desenvolver na Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Xornada Oportunidades dos produtos locais

Xuntamos o programa definitivo da xornada prevista para o vindeiro mércores 26 de febreiro no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.


Agardámosvos!!!


martes, 11 de febreiro de 2014

El Comarcal - La Voz de Galicia

Xuntamos noticia de La Voz de Galicia para os que non tivestes oportunidade de vela no xornal.



xoves, 6 de febreiro de 2014

Xornada "OPORTUNIDADES DOS PRODUTOS LOCAIS PARA O EMPRENDEMENTO NO SECTOR AGRARIO"



O mércores 26 de febreiro está programada unha Xornada dirixida a todos os participantes no Programa Integrado RURAL-EMPRENDE nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).

Por este motivo ese día non haberá a formación habitual para os Itinerarios I (Horta Ecolóxica) e II (Agroindustria e Transformados), quedando emprazados ámbolos grupos para asistir ao citado evento.

OBXECTIVOS DA XORNADA: 
  • Fomentar o emprendemento no sector agroalimentario e a potenciación dos produtos locais. Constituir un foro no que se xunten produtores, emprendedores e alumnos do Programa Integrado de Emprego. 
  • A través de distintas mesas redondas, relatar a experiencia de diversos emprendedores do sector agroalimentario, os seus retos, os problemas que lles xurdiron ao longo do seu camiño profesional e a súa visión de futuro. 
  • Dar a coñecer o programa de axudas LEADER. 
  • Difundir a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. 
  • Realización da “Ruta das Adegas do Viño da Terra de Betanzos” e dar a coñecela.
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
  • Salón de actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). INGACAL - Consellería do Medio Rural e do Mar. (Km 7, Estrada AC-542, Betanzos a Mesón do Vento, 15318 Mabegondo-Abegondo)
  • Inicio da xornada; 9:00 h.

PROGRAMA:


luns, 3 de febreiro de 2014

Inicio do Itinerario III - Aprender a Emprender

Persoal do IGAPE e o Vicepresidente da Asociación Mariñas-Betanzos foron os encargados de abrir as actividades enmarcadas no Itinerario "Aprender a Emprender".