O PROGRAMA RURAL-EMPRENDE
O
Programa Rural-Emprende está enmarcado nos Programas Integrados para o Emprego
dirixidos á inserción laboral de persoas en situación de desemprego. Este
Programa está sendo posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Rural
“Mariñas – Betanzos” e cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar da
Xunta de Galicia.
COLECTIVOS AOS QUE VAI DIRIXIDO
Este
Programa ten como ámbito territorial os concellos de Abegondo, Bergondo,
Betanzos, Cambre, A Coruña, Culleredo, Oleiros, Paderne e Sada.
Vai dirixido a persoas desempregadas, preferentemente que estean a percibir
prestación ou subsidio por desemprego, e que pertenzan aos seguintes colectivos:
Persoas
desempregadas de longa duración.
Mulleres.
Menores de 30 anos.
Persoas inmigrantes (non comunitarios).
Persoas con discapacidade.
Mulleres.
Menores de 30 anos.
Persoas inmigrantes (non comunitarios).
Persoas con discapacidade.
QUE SE PRETENDE CON ESTE PROGRAMA
O
Programa Rural-Emprende pretende baixo un enfoque innovador, dar formación
eminentemente práctica a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN DE HORTA ECOLÓXICA
e de AGROINDUSTRIA e TRANSFORMADOS (viño, sidra, marmeladas, conservas
vexetais, cosméticos naturais, xabóns artesáns), con clases teóricas e
prácticas presenciais. Nunha 2ª fase trataríase de facilitar que o alumnado se
formara con produtores que xa están traballando na actualidade nos concellos
que conforman o territorio de “Mariñas-Betanzos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario