O pasado 27 de xuño celebrouse na sede da Fundación Juana de Vega a xornada final do Itinerario "Aprender a Emprender", enmarcado no Programa Integrado "Rural Emprende".
Os alumnos participantes tiveron a ocasión de presentar os proxectos traballados ao longo do programa, dende a súa idea orixinaria ata o plan de empresa previsto.
Dende o equipo técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos queremos expresar o noso agradecemento pola vosa participación así como darvos a máis sinceira noraboa polos magníficos traballos presentados. Agardamos velos en breve xa postos en marcha.
O vindeiro luns día 9 de xuño terá lugar na Casa do Concello de Paderne a xornada "Etiquetado e Envasado dos produtos agroalimentarios".
As temáticas propostas a presentación serán as seguintes:
ETIQUETADO E COMPETITIVIDADE
Que se pode ou non se pode incluír no etiquetado e que é o que me interesa máis potenciar ao respecto
ESTRATEXIAS DE MARKETING PARA AS PEMES AGROALIMENTARIAS
- Deseño de logotipos y de imaxe corporativa.
- A imaxe corporativa trasladada ao envase.
- Actuacións para incrementar o valor engadido do produto, a súa competitividade e a súa capacidade de penetración no mercado a través do deseño e o marketing.
- Influenza dos selos de calidade no éxito comercial dos produtos agroalimentarios.
- Packaging.
TENDENCIAS DE ENVASADO NO MERCADO E A SÚA SOSTENIBILIDADE
- Tendencias de mercado na tipoloxía de envases para produtos agroalimentarios (formas, deseño, capacidades, materiais,…).
- Sostenibilidade e pegada ambiental dos envases e posibles alternativas ou materiais de menor impacto medioambiental.
INCIDENCIA AMBIENTAL NA PEQUENA AGROINDUSTRIA
- Afeccións ambientais
- Requisitos en materia de incidencia ambiental para a implantación de industrias agroalimentarias.
O aforo é limitado, de maneira que cómpre inscribirse previamente.
Nas seguintes imaxes atoparedes o programa e o contacto para inscribirse.