O mércores 26 de febreiro está programada unha Xornada dirixida a todos os participantes no Programa Integrado RURAL-EMPRENDE nas instalacións do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM).
Por este motivo ese día non haberá a formación habitual para os Itinerarios I (Horta Ecolóxica) e II (Agroindustria e Transformados), quedando emprazados ámbolos grupos para asistir ao citado evento.
OBXECTIVOS DA XORNADA:
- Fomentar o emprendemento no sector agroalimentario e a potenciación dos produtos locais. Constituir un foro no que se xunten produtores, emprendedores e alumnos do Programa Integrado de Emprego.
- A través de distintas mesas redondas, relatar a experiencia de diversos emprendedores do sector agroalimentario, os seus retos, os problemas que lles xurdiron ao longo do seu camiño profesional e a súa visión de futuro.
- Dar a coñecer o programa de axudas LEADER.
- Difundir a Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”.
- Realización da “Ruta das Adegas do Viño da Terra de Betanzos” e dar a coñecela.
LUGAR DE CELEBRACIÓN:
- Salón de actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). INGACAL - Consellería do Medio Rural e do Mar. (Km 7, Estrada AC-542, Betanzos a Mesón do Vento, 15318 Mabegondo-Abegondo)
- Inicio da xornada; 9:00 h.
PROGRAMA:
- Descarga AQUÍ o PROGRAMA da Xornada
Ningún comentario:
Publicar un comentario