xoves, 6 de marzo de 2014

O Director Xeral do IGAPE pecha a primeira fase de seminarios de RURAL-EMPRENDE

O pasado venres 28 de febreiro finalizou o primeiro ciclo de xeiras enmarcadas no Itinerario III "Aprender a Emprender" do Programa Rural Emprende.

Nestas cinco xornadas de traballo persoal do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) propocionou aos asistentes información e apoio ao emprendemento en facetas como os modelos de negocio, iniciativa emprendedora, necesidades financeiras ou exposición de diversos casos de emprendemento exitoso.

Na xornada de peche contouse coa asistencia do Director Xeral do Igape, Javier Aguilera, así como de Guillermo Viña, Xerente de IGAPE Nova, que tiveron ocasión de departir con José Antonio Santiso Miramontes, Presidente da Asociación Mariñas-Betanzos.



Por outra parte, os asistentes puideron coñecer de primeira man as experiencias de dous casos de emprendemento; 

  • "O Lugar de Vilariño". Explotación ecolóxica dedicada á produción hortícola e elaboración de queixos, representada por Víctor Sánchez.
  • "Mundocio". Empresa dedicada á xestión integral de eventos, representada por Alejandro Fontán.


O xoves 13 de marzo iniciarase a segunda parte das xornadas formativas a desenvolver na Fundación Juana de Vega, en San Pedro de Nós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario