xoves, 26 de decembro de 2013

Benvida

Estimados participantes no Programa Integrado Rural-Emprende:


Ante todo, de parte de todo o equipo técnico da Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, moitas grazas pola vosa participación no proxecto Rural-Emprende. Estamos seguros que as actuacións a desenvolver, ademais de útiles para a diversificación das vosas posibilidades laborais, tamén van a ser do voso agrado.

Neste espazo web publicaremos periodicamente todas as novas de relevancia que teñan relación co Programa e poderedes descargar os apuntes e información de interese da formación impartida. Da mesma maneira, tentaremos ir incorporando noticias ou enlaces que poidan complementar os propios contidos do proxecto.

Estamos á vosa disposición para o que precisedes.

Moitas grazas e benvidos a RURAL-EMPRENDE.

Oficina Técnica GDR Mariñas-Betanzos

Ningún comentario:

Publicar un comentario